Monday 06 de May de 2024

Laxe aproba o Estudo de Detalle para implantar edificacións no Camiño da Insua


• O estudo afecta, en concreto, aos números 40 e 42 desta rúa

• Votouse a favor na sesión plenaria ordinaria celebrada onte, 25 de xaneiro, tanto desta proposta como dos outros puntos incluídos na orde

O Concello de Laxe celebrou na xornada de onte, 25 de xaneiro, a primeira sesión plenaria do ano.

O primeiro punto da orde do día, a aprobación dos borradores das actas das sesións anteriores, do 30 de novembro e 21 de decembro de 2023, contou cos votos a favor de PP, BNG e Unidas Podemos.

Aprobouse tamén a convalidación da omisión da función interventora do expediente OFI 1/2024, recoñecemento e pago de facturas.

Por último, aprobouse tamén de forma definitiva o Estudo de Detalle que establecerá as condicións de implantación de edificacións en Camiño da Insua, números 40-42. Trátase dun estudo realizado en beneficio da veciñanza, concluíndo que as fincas avaliadas son edificables.

É o primeiro paso dun longo proceso administrativo que partiu da solicitude dos veciños e veciñas para mellorar as condicións de habitabilidade do municipio.